baiona.org

Noticias

« Atrás

A Concellería de Igualdade de Baiona poñen en marcha o concurso de debuxo e slogan contra a violencia de xénero.

A Concellería de Igualdade do  Concello de Baiona puxo en marcha o concurso de debuxo e  slogan contra a violencia de xénero. 

 
O concurso ten como obxectivo promover, dentro do ámbito educativo a reflexión ao redor da promoción da igualdade entre mulleres e homes así como a loita contra a violencia de xénero, e sensibilizar sobre a importancia de valores como a igualdade entre mulleres e homes e o respecto. 
 
Poderá participar calquera alumno ou alumna que curse educación secundaria obrigatoria ou formación profesional básica ( ESO e FP básica ) nun centro educativo de Baiona. 
 
O contido das obras deberá enviar unha mensaxe que incida na reflexión ao redor da promoción da igualdade entre mulleres e homes e/ou a loita contra a violencia de xénero. 
 
As obras presentadas elaboraranse de maneira individual polas persoas participantes. O debuxo e slogan deberá ser orixinal e inédito, non premiado noutros concursos ou certames. As obras realizaranse en formato vertical en cartolina DIN A4 de cor branca. A técnica será libre, quedando prohibidos os debuxos e  slogans en computador ou con novas tecnoloxías. O debuxo deberá incluír obrigatoriamente un  slogan en legua galega.
 
Outorgaranse tres premios aos a gañadores. O primeiro premio será unha  tablet, o segundo un reloxo intelixente, e o terceiro uns auriculares  bluetooth. 
 
O “Concurso de debuxo e slogan contra a violencia de xénero” forma parte do proxecto ”Igualdade todo o ano”, promovido polo  Concello de Baiona a través da Concellería de Igualdade, Mocidade e Novas Tecnoloxías e o Centro Municipal de Información á Muller, e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, no marco da Liña dúas do Plan  Concellos 2020.
 
 
GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA
REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ, TÉCNICA DE COMUNICACIÓN gabinetedeprensa@baiona.gal
compartir en facebook compartir en twitter

Promedio (0 Votos)