baiona.org

Canles RSS do Concello de Baiona

O Concello de Baiona pon a súa disposición un servizo totalmente gratuito de canle RSS, coas que poderá conectar o seu navegador ou lector RSS ao sistema de actualización de novas do concello. Grazas por utilizar o sistema de alertas RSS do Concello de Baiona.

Que é RSS?

O sistema RSS permítelle recibir información actualizada dun sitio web sen necesidade de ir á páxina do sitio en si mesmo. Mediante esta tecnoloxía o Servizo Galego de Saúde pon á disposición dos cidadáns unha ferramenta eficaz e sinxela para estar ao corrente dos contidos da web que varían con maior frecuencia.

Que necesito para utilizar as canles RSS?

Varios navegadores de uso libre, gratuíto e multiplataforma (Windows, Linux, Mac...) concordes con estándares web como Firefox, Internet Explorer ou Opera que integran nos seus marcadores este sistema de actualización automática. Tamén se poden descargar da internet lectores RSS, pequenos programas doados de usar, algúns deles de fonte aberta e uso gratuíto.

Como podo subscribirme?

Para subscribirse á canle RSS que desexe, chega con premer sobre o enlace da canle, se dispón dun navegador web compatible como os anteriormente citados ou ben insertar a dirección da canle no seu programa lector de RSS.

Cantas canles RSS se poden usar?

Pode subscribir o seu navegador e/ou lector RSS a todas as canles temáticas que precise.

portlet-rss