| ||
Igualdade de Género « Atrás A xunta convoca as axudas a homes que reducen a súa xornada laboral para o coidado de fillos menores de tres anos.O centro municipal de información á muller, informa que a xunta de galicia por resolución da secretaría xeral de igualdade, publicada no diario oficial de galicia do 15 de xaneiro , convoca as axudas a homes que reducen a súa xornada laboral para o coidado de fillos/as menores de tres anos .
As axudas teñen coma obxectivo apoiar a asunción de responsabilidades familiares por parte dos varóns e contribuir á desaparición dos estereotipos sobre a diferente disposición de homes e mulleres a asumir o coidado dos fillos e fillas menores.
Ademais dps varóns as axudas tamén poden ser solicitadas por familias monoparentais, con independencia de que a persoa responsable da unidade familiar sexa un home ou unha muller Poden solicitar as axudas as persoas que se atopasen en situación de redución da xornada entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014, polo coidado de fillos ou fillas biolóxicas ou ben adoptadas ou en situación de acollemento familiar, permanente ou preadoptivo O prazo para solicitar as axudas é dende o 16 de xaneiro ata o 20 de xaneiro de 2015
|